Ir al contenido principal

POR FIN REMATAMOS??? NON...PUNTO E SEGUIDO!


Que ben chegar ata aquí! Non soamente apredín, senon que tamén este curso me serviu para cambiar o concepto que tiña sobre algunha rede social, á que agora conseguín atoparlle unha utilidade diferente á que tiña preconcebida.
Como educador, o aprendido aquí, vaime axudar a...

  • Deseñar novos escenariosde aprendizaxe.
  • Ter máis oportunidades de colaboración docente.
  • Desarrollarme profesionalmente.
  • Mellorar o meu entorno persoal de aprendizaxe.
  • Conectar as aula co exterior.
  • Poder guiar mellor ao alumnado no uso das TIC.
  • Dar maior calidade e cobertura á miña identidade dixital.
Sen dúbida, mellorar o o meu PLE, axudame a obter, analizar, seleccionar e compartir con máis criterio, a información que podo utilizar na miña labor docente. En definitiva, encantado coa experiencia. Grazas!!

Máis sobre ambientes de aprendizaxe:
http://ocw.um.es/cc.-sociales/tic-en-educacion-social/material-de-clase-1/bloque-3.-entornos-personales-de-aprendizaje

Comentarios

Entradas populares de este blog

SEICA ISTO, XA VEN DE VELLO.

Dende o principio dos tempos, a transmisión de coñecementos e valores a través das distintas xeracións, foi parte fundamental do desarrollo da sociedade ao longo da historia. Esta transmisión, que nun principio se realizaba no núcleo familiar, profesionalizase xa na antiguidade, pero soamente algúns sectores sociais, podían ter acceso a estes servizos. Por exemplo, na antiga Grecia a educación era encarada como momento libre, para poucas persoas de boa condición de vida que podían ter acceso ou que non dependían do seu traballo para sobrevivir. Moi interesantes estes videos: https://www.youtube.com/watch?v=Oq-FmvI4ijw https://www.youtube.com/watch?v=7oD7WkaABNE No período medieval, o proceso de ruralización da sociedade europea, determinou unha nova forma escolar, onde o ensino pasou a ser ligado ás igrexas. Tamén unha parte moi pequena da sociedade podía ter acceso ao ensino. Coa chegada do comercio, comeza a preocupación coa necesidade de saber. Os negocios e administrac

PANDEMIA ESCOLAR

Nestes tempos abruptos, non deixo de escoitar a "gurús" da educación compracerse da excelencia do teletraballo, e máis concretamente, no eido educativo. Non vou discutir que cos medios e a formación axeitada, a educación telemática, pode ser unha excelente ferramenta de traballo con moitísimas posibilidades, pero agora mesmo no rural galego, non estamos nese punto. E concretamente en educación infantil e primaria, onde a presenza nas clases da mestra ou mestre antóllase insubstituíble. Ollo, non digo mellor nin peor, digo insubstituíble. Un estudante de BAC ou universitario, é quen de poñerse diante dunha pantalla extraendo e asimilando contidos e conceptos, ao igual que o faría nunha clase presencial, pola propia dinámica das mesmas e a idade e intereses comúns dos interlocutores. O alumnado dos colexios precisa verse, sentirse, tocarse, emocionarse e soñar xuntos. A interacción é parte do seu desarrollo académico e personal, e a figura do mestre, a súa referencia